Principios ideolóxicos (galego)

1

1. Revolución ou Barbarie é un proxecto que pretende aglutinar aos diferentes elementos do Movemento Comunista do Estado español que hoxe son conscientes da necesidade de trazar unha nova liña revolucionaria que nos faga saír da parálise na que nos encontramos.

2. Desde este espazo entendemos que, indepedentemente das adscricións a determinados destacamentos, contribuir a sentar as bases teóricas e organizativas para a reconstitución do Partido Comunista é o labor máis urxente de todos os comunistas do Estado.

3. Revolución ou Barbarie comparte a visión daqueles destacamentos comunistas que consideran que o Ciclo de Outubro está esgotado e que aínda é indispensable realizar un balance histórico das experiencias revolucionarias máis importantes do proletariado a nivel internacional. Neste sentido, vemos a necesidade de aplicarnos o método do materialismo histórico aos propios comunistas, realizando análises colectivos que fundamenten de maneira científica as causas da derrota dos Estados de ditadura do proletariado e da debilidade actual do Movemento Comunista Internacional.

4. Os comunistas non estamos por loas –completamente alleas as bases revolucionarias do marxismo-leninismo, por outro lado- de experiencias revolucionarias que, supondo un avance de magnitude inconmensurable históricamente nas condicións de vida das grandes masas explotadas, así como na conciencia do papel revolucionario que teñen os explotados organizados no seu Partido, reproduciron no seu seo as condicións para a súa propia derrota.

5. O fío vermello da Historia lévanos inevitablemente a concluir que o primeiro ciclo da Revolución Proletaria Mundial, o que inaugura a Revolución de Outubro, non fracasou soamente polo acoso do imperialismo, senón tamén e fundamentalmente pola insuficiencia do desenrolo ideolóxico e político do movemento comunista; unha insuficiencia que se produciu como consecuencia dun tipo de kautskismo e de determinismo económico que o bolxevismo, a guía ideolóxica do proletariado mundial, herdou no seu propio ser ideolóxico e político.

6. O predominio continuado do factor económico, técnico e obxectivo por riba do factor político, ideolóxico e subxectivo, a separación crecente entre a vangarda e as masas proletarias, ademáis da incorrecta presunción de que nun Estado de ditadura do proletariado en tránsito ao comunismo xa non existen clases sociais antagónicas, son tres das causas máis importantes que fixeron que a construcción do comunismo fracasara no seu primeiro gran intento a nivel internacional, non tanto pola acción de coñecidos líderes revisionistas como por unha dinámica imposta polas condicións obxectivas e por unha liña errada.

7. Relacionado con isto, quen nos aglutinamos neste blog entendemos que, ademáis de estudar de forma crítica as grandes obras dos pais do comunismo, é indispensable para iniciar o último asalto á sociedade burguesa que realicemos unha crítica revolucionaria de todas aquelas experiencias nas que o proletariado, en alianza con outras clases oprimidas, tomou o poder e iniciou a senda do comunismo.

8. Tendo en conta a etapa histórica na que nos econtramos, consideramos que a tarefa prioritaria hoxe da vangarda comunista pasa por desenrolar a loita de dúas liñas contra o revisionismo imperante na maioría dos destacamentos comunistas do Estado español e do mundo; unha liña que é a responsable do actual estado de prostración e desorientación do Movemento Comunista Internacional.

9. Se non conquistamos a maioría da vangarda teórica do proletariado (que non está radicalmente separada das masas obreiras, pero que si é unha entidade diferente desde o punto de vista dialéctico) para os principios do marxismo-leninismo aplicados ao período e aos problemas actuais (unhas bases que pasan por rearmar a teoría revolucionaria e acercar aos destacamentos comunistas, na súa maioría hoxe dispersos ou enfrontados); se non conseguimos que a hexemonía nos sectores ideolóxicamente máis avanzados da nosa clase a detente o marxismo-leninismo, será materialmente imposible que poidamos reconstituir o Partido Comunista e con el organizar a Revolución proletaria triunfante.

10. A vangarda teórica é aquela que entende a necesidade da superación revolucionaria do capitalismo, mentras que a vangarda práctica é aquela que se enfronta aos plans de miseria e opresión da burguesía e do seu Estado sen transcender o marco do sistema de explotación capitalista e do seu réxime político de ditadura de clase. Quen argumenta que non ten sentido plantexar a reconstitución da vangarda ideolóxica porque esta non está radicalmente separada da vangarda práctica, descoñece completamente a natureza política e ideolóxica da vangarda comunista. Tal separación –que, por suposto, non é radical– non é unha necesidade, senón un feito que a propia realidade política e social determina. Un comunista pode ser ao mesmo tempo vangarda teórica e práctica, pero, mentras o Partido de Novo Tipo non se forme, a realidade é que ambos sectores da clase proletaria encóntranse separados e con ritmos de desenrolo distintos.

11. En canto ao papel que os comunistas debemos ter nos movementos de masas que inevitablemente irrumpirán na escena social e política do Estado español, a nosa posición é moi clara e segue a esteira de aqueles destacamentos, aínda minoritarios no movemento comunista, que propugnan que a única intervención efectiva sobre as loitas de masas só se produce cando a vangarda comunista, mediante a loita de dúas liñas, se fortaleceu, recompuxo e unificou.

12. Pensar que as masas obreiras precisan a súa vangarda ideolóxica para conformar estructuras ou órganos de resistencia supón, ademáis de infravalorar a capacidade de loita e organización da maioría dos explotados, situarse como furgón de cola das loitas sindicais ou económicas; no peor dos casos, supón situarse como ala esquerda dos intereses espurios da aristocracia obreira.

13. As masas obreiras non nos precisan para organizar folgas, piquetes ou manifestacións. As masas obreiras precisannos para organizar a Revolución. Isto non significa que o comunista non loiten xunto cos seus irmáns de clase por uns intereses que están obxectivamente enfrontados aos da burguesía, senón que baixo ningún concepto debe supeditar a ideoloxía revolucionaria ao discurso economicista da eterna acumulación de forzas, nin a espera e esperanza de que “se den as condicións revolucionarias” por si mesmas ou polo simple transcurrir da loita de clases para, entón, intervir có propósito de “dirixir a Revolución”.

14. Só cando sentemos as bases teóricas e ideolóxicas para a reconstitución do Partido Comunista, estaremos en condicións de dirixirnos de maneira efectiva e auténticamente revolucionaria aos nosos irmáns de clase. Neste sentido, é unha obriga de calquera comunista, pertenza ao destacamento que pertenza, replantexarse a liña seguida polo movemento no Estado español e comenzar a impoñer a necesidade dunha loita ideolóxica no seo da vangarda, respetuosa con calquera compañeiro pero absolutamente implacable na denuncia da liña do oportunismo, có obxectivo de superar ese cancro que fai moito tempo se estendeu por todo o corpo do movemento comunista.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s